Redacción 09/12/2020

Segundo informa o Concello, o persoal da Axencia de colocación atópase “a disposición do todolos hostaleiros que precisen axuda” para realizar trámites administrativos.

 

Ante a situación de crise actual provocada pola pandemia do Cononavirus, o tecido empresarial de Mos e dos municipios limítrofes reséntese de forma alarmante, e o sector hostelero, é un dos máis perxudicados nestes momentos, segundo entende o goberno local. Por iso, tanto dende a Xunta como dende o o Concello xestiónanse liñas de axuda en apoio á hostalaría e de sectores especialmente paralizados.

Neste sentido, o goberno volve lembrar as accións emprendidas até o de agora para apoiar á hostalaría, como a derogación da taxa de terrazas, a solicitación ao Consorcio de Augas dunha bonificación no recibo da agua, a solicitude ao goberno de Madrid que permita modificar o IBI e o imposto de rodaxe, a plataforma “Queda en Mos”, ou a bonificación da taxa do lixo, que só foi solicitada por 15 estabelecementos.

Ademais, o Concello informa das axudas convocadas pola Xunta de Galicia dirixidas a este sector de forma específica e a sectores especialmente afectados, transporte por taxi, provisión de comidas preparadas para eventos, actividades de axencias de viaxe, , actividades recretativas e de entretenemento, etc.

Así, a través do Programa de rescate para autónomos (TR440A), as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA e que teñan recoñecido o cesamento ordinario ou extraordinario de actividade poden ter unha axuda de 1.200 €. E As persoas traballadoras autónomas en sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada poden ter unha axuda de 2.000 €. Estas axudas deben de solicitarse antes do 18 de decembro a través do procedemento TR400A .

A través do Programa de apoio á hostelería (TR400C) poderán obter axudas de 1500 € por mes de paralización da actividade dende o mes de outubro, cun mínimo de dúas semanas, e de 2.000 € no caso de establecementos que ocupen a más 10 traballadores. Esta axuda poderá solicitarse a través do procedemento TR400C antes do 28 de decembro.

Mediante o Programa de Microempresas afectadas polo Covid (TR400B) pode solicitarse unha axuda para o mantemento de emprego e da actividade económica de 4000 €, e de ata 5.000 € no caso de microempresas de sectores especialmente afectados. Poderán solicitar estas axudas antes do vindeiro día 28 de decembro a través do procedemento TR400B.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad