Trátase dunha campaña organizada pola Deputación de Pontevedra para tratar de alentar ás ventas de proximidade nestas datas
O Concello do Porriño, acollido á campaña da Deputación de Pontevedra “Agora máis que nunca, non perdamos a proximidade”, repartíu esta mesma mañá cartéis en apoio ao comercio local da vila en establecementos e na Praza de Abastos.
O lema da campaña promovido pola Deputación de Pontevedra “chama á cidadanía a mercar nas tendas locais e de proximidade, nas praza e no mercado da nosa vila; apostando polo consumo de produto de tempada d@s nos@s produtores” manifestou o concelleiro de Comercio, Sergio Casal.
O concelleiro apelou a que “mercar no comercio de proximidade é un xeito de amosar a nosa solidariedade cun sector que o está a pasar moi mal, ao que temos que axudar”.