Redacción 05/12/2020

Case un centenar de familias do municipio en situación de vulnerabilidade socioeconómica recibirán axuda directa do programa AxudaMos.

 

O Concello de Mos deu inicio esta semana á campaña Nadal Solidario de MosAxuda: un proxecto de recollida de alimentos nado en 2015 como unha organización de reparto directo entre as persoas máis desfavorecidas do municipio e apoiado polos Servizos Sociais municipais. No ano 2020, segundo o Concello, foron repartidas 40 toneladas de alimentos e tarxetas para compra de producto fresco nos supermercados de Mos valoradas nun total de 21.000€

Seguindo coa traxectoria e perseguindo a finalidade de prestar axuda e protección aos máis necesitados, dende o Concello solicitan a colaboración de toda a sociedade nesta campaña de nadal 2020 que ademais é unha campaña especial, debido á situación que viven moitas familias provocada pola crise sanitaria do COVID-19. Deste xeito a recollida faise extensiva tamén aos colexios de Mos, ao Instituto, ás asociacións veciñais e culturais e ó Belén do Pazo de Mos; onde as persoas interesadas en colaborar con esta campaña solidaria poderán depositar a súa doazón de alimentos ata o vindeiro día 18 de decembro.

O Concello mostra satisfacción polo arranque da campaña deste ano e agradecemento aos voluntarios de AxudaMos e Protección Civil polo seu traballo. A entrega dos alimentos recopilados e de cheques para compra de alimento fresco nos supermercados de Mos realizarase na sede de MosAxuda, situada en Puxeiros, o día 22 de decembro.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad