O Concello iniciará a finais de mes o proxecto Mos Peregrino: un obradoiro dual de emprego cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade cun importe de 346.946 €, no que participarán 20 persoas desempregadas do municipio ao longo de 9 meses.
Este proxecto, denominado, “Mos Peregrino” ten como finalidade a posta en valor do patrimonio municipal e etnográfico existente no municipio, e máis concretamente, o trazado do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso polo concello de Mos e a súa zona de influencia. A mellora destes entornos, segundo afirma o Concello, favorecería a dinamización do Camiño de Santiago, sendo un foco importante de posta en valor da promoción turística e achegamento ao peregrino. O proxecto pretende enfocar as obras de acondicionamento e revalorización ao desenvolvemento de ocupacións orixinariamente tradicionais, mais as novas técnicas e propostas de materiais, así como a relevancia que está adquirindo a restauración e rehabilitación do patrimonio, fan destas ocupacións unha fonte de emprego nos próximos anos, segundo subliña o Concello.
Grazas a este proxecto, o alumnado se formará en especialidades formativas dúas especialidades formativas: edificación e obra civil (albanelería e colocación de pedra), e madeira (carpintería e moble, mecanizado de madeira e derivados). As actuacións que se desenvolverán unidas á formación certificable que se lles dará ao alumnado desenvolveránse nos espazos públicos ao longo do Camiño de Santiago, incidindo na sinalización, mobiliario urbano, obras de acondicionamento e embellecemento do Camiño.
Ao remate da actividade do obradoiro dual de emprego, o Concello de Mos desenvolverá un programa de inserción laboral das persoas participantes nel, através de incentivos á contratación por conta allea durante un mínimo de 3 meses a xornada completa en empresas que o soliciten na convocatoria destas axudas, que terá lugar antes do remate do obradoiro. A selección do alumnado do obradoiro e do equipo directivo realizaráse nas vindeiras semanas e prevése o inicio do mesmo a fináis do mes de decembro.