A Fundación A Caixa e Caixabank doan ao Banco de Alimentos do Porriño
O almacén do “SOS Porriño” recibirá esta tarde unha achega de 4.500 quilos de produtos non perecedoiros, grazas á doazón de 5.000 euros realizada por CaixaBank que canaliza unha axuda da “Fundación A Caixa”.
Esta achega constitúe unha axuda moi importante para o Banco de Alimentos de cara ao reparto de decembro. Actualmente “SOS Porriño” está a distribuír lotes de alimentos entre 430 familias do municipio o que supón que unhas 1.300 persoas que son beneficiarias directas.
Este mediodía os representantes da entidade financeira, Gonzalo Dopazo, director, e María Eugenia Rial, subdirectora da oficina “store” de CaixaBank no Porriño fixeron a entrega simbólica ao Concello, representado pola alcaldesa Eva García e o concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso, nas instalacións do “EKO-MAX” da cadea de distribución “Froiz” no polígono industrial de Á Granxa.
A alcaldesa manifestou o agradecemento do Concello á CaixaBank e “Fundación A Caixa” por que “sempre está a amosar unha disposición permanente a colaborar en este tipo de accións sociais”. Gonzalo Dopazo, no nome da entidade, manifestou que “CaixaBank neste intre tan difícil para todos, prioriza a colaboración en achegas para colectivos en risco de exclusión”.