Redacción 25/11/2020

Alejandro Lorenzo, foi reprendido e finalmente expulsado do pleno despois de interromper o debate en reiteradas ocasións e de ter advertido a alcaldesa que parase “no seu permanente boicot as palabras do resto de corporación”.

A alcaldesa, Eva García expulsou ao voceiro municipal do PP, Alejandro Lorenzo da sesión telemática que celebraba este serán a corporación local porriñesa. O edil do Partido Popular, Alejandro Lorenzo, foi reprendido e finalmente expulsado do pleno despois de interromper o debate en reiteradas ocasións e de ter advertido a alcaldesa que parase “no seu permanente boicot as palabras do resto de corporación”, segundo lle dixo á rexidora.

O portavoz do PP, interrompeu á alcaldesa, ao tenente de alcalde Pedro Pereira e inclusive ao secretario municipal en máis dunha decena de interrupcións nas que foi advertido, conforme á ley, que de persistir podería ser expulsado.

O episodio aconteceu durante o debate do cuarto punto da orde do día. O PP pretendía un voto particular ou no seu defecto deixar enriba da mesa a revisión de oficio que postulaba o goberno municipal dun acordo adoptado nun pleno en agosto cúa nulidade estaba avaliada cos informes técnicos correspondentes, nomeadamente do secretario municipal.

García de la Torre advertiu por varias veces ao voceiro da oposición ao que reprendeu por interromper o debate plenario ata que finalmente a alcaldesa determinou expulsar a Alejandro Lorenzo. Cando se someteu a votación o punto, o segundo voceiro do PP, Abel Estévez repetiu que demandaban que o asunto quedase enriba da mesa. Ante a negativa da alcaldesa, en base aos criterios dos técnicos municipais, a totalidade de concelleiros e concelleiras do Partido Popular abandonaron a sesión plenaria telemática.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad