Redacción 24/11/2020

Ao longo da rúa peonil porriñesa xa se pode contemplar a exposición de fotografías,que xunto un manifesto da corporación municipal e o alumeado do Concello en cor violeta, serán os actos centrais no Día Internacional contra a Violencia Machista

 

A programación confeccionada pola Concellería de Igualdade do Concello do Porriño, dirixida por Cami Moreira, comezou o venres 20 coa proxección da película “María Solinha”, no Centro Cultural Municipal.

Continúa coa exposición de imaxes que penduran dos farois da rúa peonil, motivo que tamén inspirou a lona que se instala na praza do Concello.

A mostra “Todas as mulleres en todas as partes do mundo” simboliza a universalización da violencia machista. “Cada retrato é unha fotografía dos distintos aspectos da existencia das mulleres no mundo, porque non hai unha única imaxe que nos poida representar, todas sentimos, sorrimos, choramos, resistimos, loitamos, avanzamos, empatizamos… Valoramos a vida e esiximos ser consideradas persoas con plenos dereitos de liberdade, de respecto e capacidade de decisión”, segundo argumentou a concelleira de Igualdade.

O propio mércores 25N difundirase un manifesto institucional de toda a corporación porriñesa elaborado en conxunto; e a partires das 19.00 h, a fachada do Concello iluminarase de cor violeta.

O programa de actos rematará o venres 27, coa proxección da película “Trote” no Centro Cultural Municipal e en dous pases -18.30 h e 20.30 h- con aforo limitado a 30 persoas por pase con inscrición previa, no correo electrónico cultura@oporrino.org

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad