Redacción 24/11/2020

Será este xoves 26 de novembro ás 20.00 h

 

Concentrarémonos diante do Centro de Saúde, este xoves, 26 de novembro, Previa comunicación tempo e forma á Subdelegación do Goberno e mantendo todas as medidas preventivas de seguridade, o grupo EU Son do Porriño celebra a concentración mensual como cada último xoves de mes.

“Os nosos dereitos non están confinados e a defensa dos servizos públicos, continúa. Mantemos as nosas mobilizacións mensuais porque tamén son parte da loita contra a pandemia”, afirman dende Eu Son.

Deste xeito, este xoves volverase a reclamar “unha atención presencial, por unha sanidade digna, polo persoal sanitario e deixando claro que a atención primaria non é atención telefónica”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad