O Concello emite un comunicado onde informa que recorrerá a decisión xudicial e carga duramente contra os membros da Comunidade de Montes de Tameiga que acusou de realizar aquela montaxe con fins políticos. Fontes da manconmunidade implicadas no caso insisten na súa desvinculación cos feitos e relacionan as acusacións do Concello co rexeitamento público da mesma á recalificacion dos montes veciñais para o seu uso no macroproxecto do Celta no municipio.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou onte que o Concello presentará un recurso de apelación ante o arquivo das acusacións de suplantación de identidade e falsedade documental contra membros da Comunidade de Montes de Tameiga no caso dos recibos falsos da auga, preparados para enviar por correo aos domicilios mosenses no periodo anterior ás eleccións municipais de 2019.
A Xuíz titular do Xuzgado de Primeira Instancia e Instrucción Nº1 do Porriño entende que non é debidamente xustificada a aperpetración dos delitos que deron lugar á incoación da causa. A alcaldesa, porén, insiste en que se confirma a veracidade dos feitos e acusa a Román González, voceiro de GañaMos, de mentir ao acusala de ser responsábel dunha montaxe política, sinalando aos veciños de Tameiga como responsábeis. O comunicado do Concello recalca que se tratou dunha montaxe contra a alcaldesa e o Partido Popular.
Pola súa banda, fontes da Comunidade de Montes de Tameiga subliñan que as acusacións da alcaldesa son falsas. Sospeitan á vez que estas perseguen o obxectivo de desprestixiar e desestabilizar á mancomunidade, a cal iniciara unha campaña pública para mostrar a oposición da veciñanza ás recalificacións do PXOM feitas en favor do grande proxecto urbanístico do Celta nos montes da parroquia. Acusan á alcaldesa de terxiversar no seu comunicado o dictado pola Xuíz e observan que o recurso pretende prolongar o proceso, con cargo ás finanzas públicas, para tirar proveito político dos feitos, dos cales se desvinculan e nunca puxeron en dúbida.