Redacción 18/11/2020

O Pleno da corporación  do Concello aprobou por unanimidade este plan de acción que ten como fin reducir un 40% as emisións

 

 

O Grupo de Goberno ven de presentar en Pleno para a súa aprobación o Plan de Acción polo Clima e Enerxía Sostible -PACES- para o Concello, que foi aprobado por unanimidade polas tres forzas políticas.

Este Plan está  financiado  pola Consellería de Medio Ambiente a través da orde do 5 de maio, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto de Alcaldías para o Clima e a Enerxía Sostible, cofinanciadas  polo Fondo Europeo do Desenvolvemento Rexional, con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.  

Un dos compromisos que adquiren  os Concellos que se incorporan oficialmente ao Pacto de Alcaldías é a elaborar o seu Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible nun prazo de dous anos. Este plan de acción describe os pasos que deben darse cara os seus obxectivos do 2020 ao 2030, e que ten como fin reducir un 40% as emisións, e que  o Concello ven de aprobar en Pleno.

Este Plan inclúe por un lado un Inventario de emisións, tomando como referencia o ano 2018, e as accións de mitigación. Por outro lado  unha análise  de riscos e vulnerabilidade e as accións de adaptación. Unha vez aprobado, e para avaliar os resultados o Concello terá que presentar un Informe de Seguimento cada dous anos. Cada catro anos actualizarase o inventario de emisións para ver o progreso en relación coa mitigación das emisións e o consumo de enerxía.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad