Redacción 17/11/2020

A nova edición deste Programa beneficiará a outras 100 persoas en situación de desemprego. En todas as edicións anteriores logrouse superar o 70% de inserción laboral entre os participantes.

 

Cando aínda se atopa en marcha o V Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos 3.0, para o que se concedeu unha prórroga ata o vindeiro 20 de decembro, o Concello anuncio a concesión da VI Edición do Programa de Emprego por parte da Xunta de Galicia. Informouse onte de que será posta en marcha a sexta edición do Programa Integrado de Emprego “MOS 3.0. 2020/2021”, durante o vindeiro mes coincidindo co remate do V Programa Integrado de Emprego Mos 3.0.

Con este obxectivo iníciase a selección dos 100 participantes no Programa que serán persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios de desemprego ou renda de inserción activa de inserción (RAI), persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas, persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas, persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluídas as perceptoras de Risga) e persoas desempregadas con discapacidade.

Segundo o Concello, os programas integrados resultaron ser unha das ferramentas máis útiles dentro das políticas activas de emprego desenvolvidas para conseguir unha porcentaxe tan alta de insercións. Igualmente, segundo informan, é unha das mellores ferramentas para traballar man a man coas empresas, cubrindo as súas necesidades de persoal, e tendo en conta as súas necesidades en canto aos perfís dos participantes, ofrecendo aos mesmos unha formación que lles permita adaptar os seus perfís a esas necesidades que as empresas nos indican”. E agredecéronlle “á Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, que financia estes programas, que continúe a confiar e a apostar por Mos despois de tantos anos; o que quere dicir que os resultados dos nosos programas son óptimos e satisfactorios”.

Selección de participantes

A selección de participantes neste programa será realizada pola Oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia, para cuxo efecto abrirá unha lista, e as persoas interesadas en optar a este plan xa poden efectuar a súa inscrición na súa oficina de emprego, citando o seu interese en participar no Programa Integrado de Emprego Mos 3.0 para os anos 2020-2021, do Concello de Mos (código 930). Tamén se poderán dirixir directamente á concellería de Promoción Empresarial, Economía e Emprego, situada na Axencia de Colocación de Mos (Estrada. de Peinador, 39, 36416, Mos) e manifestar o seu interese en participar no Programa. Poden solicitar cita no teléfono 986487786 ou info@axenciadecolocacionmos.es . Pode participar no Programa calquera persoa interesada que pertenza a un dos colectivos citados e poden participar persoas que participaran en Programas Integrados anteriores.

Nos anteriores Programas de Emprego conseguíuse unha porcentaxe superior ao 70% de insercións. As accións que se desenvolven con todas as persoas participantes son información, orientación e asesoramento, formación transversal en novas tecnoloxía e idiomas, coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea, habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento de capacidade emprendedora, prospección empresarial, emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes, formación para o emprego, prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia e talleres de mobilidade laboral transnacional no territorio da Unión Europea (redes Eures).

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad