Visita institucional da delegada territorial da Xunta de Galicia
O Porriño demanda á nova delegada da Xunta que axilice diversos asuntos pendentes neste Concello.
A nova delegada territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias visitou institucionalmente o Concello do Porriño e mantivo unha reunión de traballo coa alcaldesa Eva García, Pedro Pereira e David Alonso.
O gabinete municipal trasladou á representante da Xunta para a área de Vigo un conxunto de necesidades e demandas que a administración autonómica ten pendentes neste concello.
A necesidade de que a Xunta axilice a ampliación do Centro de Saúde, acometa a descontaminación por lindano en Torneiros pendente dende 2018 dunha asignación orzamentaria e que incremente en 900.000 € a súa achega para cubrir os custes do Servizo de Axuda no Fogar, foron os asuntais.