Redacción 07/11/2020

A Concellería de Deportes reitera aos clubes porriñeses que se mantén a orde de que os eventos deportivos sexan sen público

 

A Concellería de Deportes, que dirixe David Alonso, enviou unha comunicación aos clubes porriñeses que esta fin de semana, terán partidos como locais nas súas respectivas competicións, reiterándolles que segue en vigor a orde de que se celebren sen público.

A comunicación informa que segue en vigor o decreto municipal do pasado 22 de outubro que determinaba, entre outras medidas restritivas anti-Covid, que os eventos deportivos se celebren a porta pechada, xa sexan en recintos cubertos como ao aire libre.

Esta comunicación reiterouse ao C.D. Pontellas, que xoga como local o domingo en San Campio. E tamén lle foi comunicado ao Porriño Baloncesto Base, que celebra partido no Polideportivo Municipal da retomada Liga EBA.

David Alonso amósase satisfeito desta manter esta restrición de público, xa que ata o de agora “son poucos os casos positivos confirmados no deporte porriñés, polo que a mellor decisión sempre pasa por ser cautos, para intentar mantelo ahí”. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad