A organziación ecoloxista propón aos concellos afectados polo macroproxecto eólico declarar “Espazo Natural de Interese Local” á Serra da Groba e o Galiñeiro, evitando así danos en espazos de alto valor paisaxístico e hábitats de especies protexidas. Sinala ademais que o proxecto eólico “Albariño” de Acciona terá consecuencias irreversible sobre especies ameazadas que fan o seu ciclo vital a rentes do chan. Tamén denuncia a ausencia total de mencións nos informes ambientai de especies incluidas no catálogo galego de especies ameazadas.
A serra da Groba é un dos “Host Spot” da biodiversidade das Rías Baixas e Galicia, non polo que voa, se non polo que está rente ao chan. Os ecosistemas máis valiosos da Groba non son nin os piñeirais nin os eucaliptáis das medianías da serra, se non o seu complexo sistema hídrico alimentado polas frecuentes chuvias e néboas con fontes, regatos, lagoas e turbeiras. E tamén a matogueira atlántica (hábitats prioritarios da Unión Europea). É precisamente ese sistema hídrico e os seus hábitats asociados aos que máis perigo corren debido ás obras do denominado proxecto Albariño.
Este macro proxecto eólico vai a afectar a unha das tres poboacións de sapo de esporóns (Pelobates cultripes) que quedan na provincia de Pontevedra, e a que se considera máis numerosa a día de hoxe. Esta especie atópase incluída no catálogo galego de especies ameazadas coa categoría de Vulnerable. Tamén se ten constatada a presenza do escáncer ibérico (Chalcides bedragai) nunha das pocas poboacións rexstradas na provincia de pontevedra( tamén incluido coa categoría de vulnerale no catálogo).
Asemade atopamos outras especies como a píntega rabilonga (Chioglossa lusitania) a rela (Hyla molleri) ou a rá patilonga (Rana iberia). Todas elas incluídas no catálogo e que atopan na zona afectada polo proxecto Albariño a súa principal área de distribución dentro da Serra da Groba.O constante rexistro que dende hai naos levamos facendo na serra da Groba permítenos asegurar que neste singular espazo natural se atopan un mínimo de 15 das 26 especies de réptiles presentes en Galicia.
O escáncer ibérico é un réptil endémico da Península Ibérica cunha distribución moi escasa en Galicia, restrinxida a un puñado de poboacións situadas na franxa costeira, algunha das illas Atlánticas e certas bisbarras de clara influencia mediterránea en Ourense. A mera presenza desta especie debería ser máis que suficiente para paralizar calquera proxecto que afectase ao seu hábitat natural, como de feito o fará o proxecto de Acciona, permitido pola Xunta de Galicia e os seus cómplices necesarios na serra da Groba.
O constante rexistro que dende hai anoos levamos facendo na serra da Groba permítenos asegurar que neste singular espazo natural se atopan un mínimo de 15 das 26 especies de réptiles presentes en Galicia. Todas as especies de réptiles, como as de anfibios, están protexidas, porén algunhas delas teñen unha protección máis elevada debido ao seo grao de ameaza ou polo reducido da súa área de distribución natural. Tal é o caso, ser ir máis lonxe, do nomeado escáncer ibérico (Chalcides bedriaga) que está incluído no Catálogo Galego de Especies Ameazadas coa categoría de Vulnerable (En Perigo no caso das poboacións insulares e coruñesas, grao de ameaza que debería extenderse ás poboacións costeiras galegas, incluíndo as da Groba segundo o noso parecer.). Ademáis a especie está considerada como case ameazada no contexto español e incluída na Lei 42/2007 do 13 de decembro, del “Patrimonio Natural y la Biodiverdidad” no anexo V (especies animais e vexetáis de interese comunitario que requiren unha protección estrita)
Unha vez máis compróbase o escaso compromiso da Xunta de Galicia e outros elementos da sociedade galega para coa conservación do patrimonio natural do país. Unha vez máis vemos como especies ameazadas ven o seu hábitat destruído polo ánimo de lucro duns poucos, moi poucos en realidade. Plantificar un campo eólico na serra da Groba é en sí mesmo un crime moi dificil de xustificar e imperdoable.
CATÁLOGO DE ESPECIES AMEAZADAS:
No tocante ás especies de anfibios 13 das 14 especies presentes en Galicia están presentes na serra da Groba. Algunhas delas son escasas no contexto galaico, e moi escasas no contexto das Rías Baixas.
Píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica). Especie endémica do cadrante norroccidental ibérico. Con poboacións puntuais en toda a serra e presente na zona máis afectada polo parque eólico nomeado. A política forestal aplicada na Groba baseada no monocultivo de eucalipto e piñeiro fixeron desta especie unha rareza que xa so se conerva nos puntos millor conservados da mesma.
- Categoría mundial IUCN: Vulnerable
- Categoría España IUCN: Vulnerable.
- Catálogo Galego de Especies Ameazadas Anexo II (vulnerable
- Ley 42/2007, do 13 de decembro, del patrimonio natural y de la Biodiversidad Anexos II (especies animais e vexetais de interés comunitario para cuia conservación é necesario deseñar zonas especiais de conservación) e V (especies animais e vexetais de insterés comunitario que requiren unha protección estrita).
Píntega común (Salamandra salamandra gallaica). Frecuente en toda a Serra da Groba, a subespecie presente é endémica do cadrante noroccidental ibérico.
- Categoría España: Preocupación Menor LC
Pintafontes verde (Triturus marmoratus). Frecuente na serra, especialmente nas lagoas do Alto da Groba, punto de reproducción importante para as especies de anfibios de toda a serra.
- Categoría España: Preocupación Menor LC.
- Ley 42/2007, do 13 de decembro, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad: Anexo V (especies animais e vexetais de interese comunitario que requiren unha protección estrita).
Limpafontes común ou ibérico (Lissotriton boscai). Especie endémida do cadrante noroccidental ibérico frecuente na serra da Groba.
- Categoría España: preocupación menor.
Limpafontes palmado (Lissotriton helveticus). Presente na serra pero moi dependente das masas de auga da mesma e moito menos frecuente que a especie anterior.
- Categoría España: preocupación menor LC.
Sapiño comadrón (Alytes osbtetricans boscai). Especie relativamente escasa na serra, como noutros puntos de Galicia, afectada pola forestación de terras con monocultivos forestais de explotación intensiva.
- Categoría España: Casi amenazada NT.
- Ley 42/2007, do 13 de decembro, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad: Anexo V (especies animais e vexetais de interese comunitario que requiren unha protección estricta).
Rá das Veigas (Discoglossus galganoi). Especie endémica da península Ibérica con presencia escasa na serra da Groba, moi afectada pola transformación e alteración do hábitat, localmente e a nivel galaico.
- Categoría España: Preocupación menor LC.
- Ley 42/2007, do 13 de ddecembro, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad Anexos II (especies animais e vexetais de interese comunitario para cuia conservación é necesario deseñar zonas especiais de conservación) e V (especies animais e vexetais de interese comunitario que requiren unha protección estrita).
Sapo de esporóns (Pelobates cultripes). Especie moi escasa a nivel galaico, que conta na serrra da groba coa maior poboación das Rías Baixas. Ainda que a especie está catalogada como vulnerable, as poboación da Galicia costeira deberían considerarse En Perigo debio á forte regresión e fragmentación que sufriron nos derradeiros anos. No tocante ña Groba, a poboación existente concéntrace na zona afectada polas obras do campo eólico Albariño. Ao tratarse dunha especie cavadora e dependente das escasas lagoas que restan no Alto da Groba, a zona debería ser intocable para tratar de conservar estas poboación (as máis meridionais das Rias Baixas),
- Categoría España: Casi amenazada NT.
- Catálogo galego de Especies Ameazadas Anexo II (Vulnerable).
- Ley 42/2007, do 13 de decembro, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad: Anexo V (especies animais e vexetais de interese comunitario que requiren unha protección estrita).
Sapo cunqueiro (Bufo spinosus). Abundante en toda a serra da Groba.
- Catalogación:Categoría España: preocupación menor LC.
Sapo corriqueiro (Epidalea calamita). Especie en forte regresión local na serra afectada polos monocultivos intensivos forestais.
- Categoría España: Preocupación menor LC.
- Ley 42/2007, do 13 de decembro, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad: Anexo V (especies animais e vecetais de interese comunitario que requiren unha protección estrita).
Estroza ou Ra de santo Santo Antón (Hyla molleri). Especie escasa e de distribución moi localizada en Galicia, moi afectada pola destrucción do seu hábitat. As poboacións da Serra da Groba consideráronse extintas durante un tempo. na serra ten unha presenza moi localizada que atinxe en exclusiva ao Alto da Groba, zona afectada polo campo eólico Albariño.
- Categoría mundial: Casi Amenazada.
- Categoría España: Casi Amenazada
- Catálogo Galego de especies Ameazadas: Anexo II (vulnerable).
- Ley 42/2007, do 13 de decembro, del Patrimonio Natural y la Biodiversidad: Anexo V (especies animais e vexetais de interese comunitario que requiren unha protección estrita).
Rá patilonga (Rana iberica). Especie endémica da Península Ibérica. Amplamente distribuida en Galicia aínda que con presenza escasa na serra da Groba. Afectada pola intesificación do monocultivo forestal na serra a a alteración asociada ao seu hábitat.
- Categoría España: Vulnerable.
- Catálogo Galego de Especies Ameazadas: Anexo II: Vulnerable.
- Ley 42/2007, do 13 de decembro, del Patrimonio natural y la Biodiversidad Anexo V (especies animais e vexetais de interese comunitario que requiren unha protección estrita).
Rá Verde Ibérica (Pelophylax perezi). Especie endémica da Península Ibérica. Presente maior parte do territorio galego, na serra da Groba é unha especie relativamente escasa.
- Categoría España: preocupación menor LC.
- Ley 42/2007, do 13 de decembro, del Patrimonio Natural y la Biodiversidad: Anexo V (especies animais e vexetais de interese comunitario cuia recollida na natureza ou explotación poden ser obxeto de medidas de xestión).
Na serra da Groba atópanse un mínimo de 15 das 26 especies de réptiles presentes en Galicia.
Escáncer común ou tridáctilo (Chalcides striatus). Relativamente frecuente na serra
Liscanso (Anguis fragilis). Frecuente en toda Galicia e tamén na serra da Groba.
Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi). Rréptil endémico da Península Ibérica e un dos teusouros herpetolóxicos de Galicia. presencia escasa na serra da Groba, moi afectado polas plantacións sistemáticas de monocultivos forestais.
- Categoría mundial : case ameazada NT
- Categoría España: casi ameazada NT
- Ley 42/2007 do 13 de decembro del Patrimonio Natural y la Biodiversidad: Anexo II (especies animais e vexetais de interese comunitario para cuia conservación é preciso deseñar zonas especiais de conservación) e V (especies animais e vexetais de inetrese comunitario que requiren unha protección especial).
Lagartixa dos penedos (Podarcis guadarramae lusitanica). Especie endémica ibérica con relativamente frecuente na serra da Groba. considerada coa categoria de preocupación menor no contexto español.
Lagartixa galega (Podarcis bocagei). Especie endémica da Península Ibñerica relativamente frecuente na serra da Groba.
- Categoría España: Preocupación menor LC
Lagartixa rabuda (Psammodromus algirus). Relatiamente escasa na serra da Groba. En aparente regresión no contexto das Rías Baixas. Considerada como preocupación menor en España.
Lagarto arnal (Timon lepidus). O maior lacértido europeo e unha das especies máis características da Groba, frecuente especialmente nos cumios da serra. Considerado en España como “preocupación menor”.
Serpe riscada (Zanemis scalaris). Especie escasa na serra da Groba con poucos rexistros. Considerada como preocupación menor en España.
Cobra lagarteira común (Coronella austriaca). Moi escasa na serra da Groba, con moi poucos rexistros. Considerada como preocupación menor en España. en clara regresión na maior parte da súa área de distribución natural.
Cobra lagarteira meridional (Coronella girondica). Relativamente frecuente.
Cobra rateira (Malpolon monspessulanus). O maior réptil do país, escasa no conexto da serra da Groba.Considerada como preocupación manor en españa.
Cobra viperina (Natrix maura). Unha das especies máis frecuentes da serra, especialmente nas charcas, turbeiras e regatos dos cumios da serra, moi dependente das poboacións de anfibios alí existentes. Considerada como reocupación menor en España.
Cobra de colar mediterránea (Natrix astreptophora). Presente nos ecosistemas acuáticos dos cumios da serra da Groba, en Clara regresión no contexto galaico e nas Rías Baixas. Considerada como preocupación menor en España.
Víbora de Seoane (Vipera seoanei). Especie endémica ibérica moi escasa na serra, con apenas un puñado de rexistros, algúns deles exemplares melánicos no nacimento do río Groba. Considerada como preocupación menor en España.