Redacción 05/11/2020

Eva García lamenta que a hostalaría sexa a gran damnificada das novas restriccións que tamén afectarán ao municipio porriñés

 

Eva García, alcaldesa do Porriño, un dos concellos afectados a partir das 00.00 h do sábado 7 de novembro,  polas novas restriccións decididas pola Xunta de Galicia, lamentou que “de novo a hostalaría sexa a gran damnificada”.

A rexidora botou en falla que xunto co anuncio das medidas onte “o presidente da Xunta non puxera enriba da mesa un paquete de medidas de apoio `para protexer aos sectores máis gravemente afectados”.

Eva García que a partir das 14.30 h de hoxe participará cos alcaldes e alcaldesas de Vigo, Mos, Redondela, Gondomar e Nigrán nunha videoconferencia co Conselleiro de Sanidade, declarou que “volveréi pedir á Xunta de Galicia que conte cos Concellos”.

“Amosarei toda a miña lealdade institucional e colaboración, pero repetireille que conte cos alcaldes e alcaldesas destes concellos para colaborar con eles”, manifestou Eva García.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad