Redacción 04/11/2020

O Goberno municipal no nome do Concello do Porriño, expresa o seu fondo pesar polo falecemento do docente no IES Pino Manso ata a súa xubilación no 2017, onde exerceu case catro décadas

 

José María Ramón Iglesias Veiga (1957-2020), non puido superar un cáncer que o adoecía  falecendo a pasada noite. Para todos os seus achegados e coñecidos foi unha gran perda, xa que era todo bondade, xenerosidade, entrega cos amigos e cun inmenso amor pola súa familia.

Os seus coñecementos foron de grande utilidade para gran parte da poboación pois Doutor en Historia do Arte -tras a súa tesis sobre a figura do arquitecto porriñés Antonio Palacios, era membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses, e entre os años 2007 e 2010 foi vogal da Comisión Provincial de Patrimonio de Pontevedra da Xunta.

Moncho Iglesias escribíu numerosos libros sobre arquitectura histórica de Vigo, moitos en colaboración con Jaime Garrido (+2018) que publicaron, entre outros títulos, “Manuel Gómez Román, mestre da arquitectura galeguista“, “Percorridos pola arquitectura histórica de Vigo” e “Vigo, arquitectura urbana“.

Entre outros títulos, publicados por Moncho Iglesias en solitario están “Antonio Palacios, arquitecto“; “Arquitectura e indianos na cidade de Vigo“; e entre outros “Antonio Palacios, a pedra, o país, a arte“.

Durante case 40 anos exerceu como mestre no IES Pino Manso no Porriño, polo que toda a comunidade educativa, tamén lamenta profundamente a perda de Moncho.

A alcaldesa Eva García lembrou a inestimable colaboración que o mestre mantivo co Concello do Porriño, nos traballos que se editaron ao longo destes últimos anos sobre a obra e figura do arquitecto Antonio Palacios.

Moncho Iglesias tiña un extraordinario coñecemento sobre Palacios como acredita a súa bibliografía, na que hai varios títulos sobranceiros adicados ao arquitecto porriñés. De feito, coa colaboración do Concello do Porriño editáronse: a propia tese doutoral de Iglesias que adicou a Palacios; e o libro “Antonio Palacios, unha viaxe por Galicia“, no que se recompilan un cento de bocetos, debuxos e apuntes dos cadernos de campo, totalmente inéditos, que o arquitecto realizou nas súas viaxes.

A alcaldesa lamentou que, a desaparición de Moncho Iglesias, impida a súa participación nos actos que ata o 27 de outubro de 2021, celebrará o Concello coa ocasión do “Ano Arquitecto Antonio Palacios”.

A concelleira de Educación, Lourdes Moure, pola súa banda recoñeceu no nome da comunidade educativa porriñesa, a intensa traxectoria pedagóxica e o gran legado que deixa o profesor Iglesias como docente que foi do Instituto de Ensino Secundario Pino Manso da nosa vila, ata a súa recente xubilación.

Moncho Iglesias D.E.P.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad