Redacción 29/10/2020

Haberá un axente en cada cemiterio porriñes que vixiará polo cumprimento dos protocolos anti-Covid

 

 

O Concello, a través da concellería de Seguridade, anuncia que coa ocasión da festividade do 1 de novembro, Día de Todos os Santos haberá un despregue da Policía Local en todos os cemiterios do Porriño.

Segundo indicou Lourdes Moure, a concelleira responsable, haberá un policía no acceso a cada un dos cemiterios, tanto no municipal de O Porriño, como nos das respectivas parroquias.

Deste xeito darase cumprimento ao protocolo anti-Covid promulgado o pasado día 22 pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia, que limita a catro persoas do mesmo grupo familiar e a 30 minutos de duración, as visitas aos cemiterios.

O protocolo da Xunta insta aos Concellos a tomar as medidas necesarias, para garantir o cumprimento destas normas e evitar as aglomeracións.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad