Redacción 28/10/2020

O vindeiro sábado 31, a asociación cultural mosense recibirá aos pequenos do Concello para desfrutar de maneira gratuita de espectáculos infantís para celebrar o Samaín

O domingo 1 de novembro Lohengrín Teatro representará a súa obra de conta contos musical “A mirada das volvoretas”

 

Como todos os anos a Sala Rebullón e o Territorio Cultural As Pedriñas celebra a gran festa de samaín, controlando o aforo e cumprindo con todas a medidas de seguridade o “Samaín Nas Pedriñas” será un día cheo de actividades e concertos para nenos e maiores. Pola mañá actuará o Brais das Hortas co seu espectáculo “Contos para Caghar Patatillas” para os máis pequenos. Despois do xantar, ás 17 h actuará o cantautor Pakolas coa presentación do seu novo libro-disco “Ramona Órbita, a Dona do Tempo”. Todas estas actividades para a familia e os mais pequenos son de balde ata completar aforo.

O sábado voltará o teatro á Sala Rebullón co Circuíto Galego de Teatro Amador ( Amateur ) Teatro Amador da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA). Lohengrín Teatro estará o domingo 1 de Novembro presentando un conta contos musical representando o acto “A Mirada Das Volvoretas”. É unha peza interactiva onde o obxectivo principal é conseguir que maiores e pequenos se divirtan xuntos en canto escoitan a historia de Oso Mauro, en busca dun abrazo moi grande e tenro. A peza está composta por distintas partes musicais e mímicas interactivas baixo as pautas do arxentino Luís Pescetti.

Lohegrin Teatro fúndase en Vigo en 1989, nos seus 30 anos acadou numerosos recoñecementos teatrais. Aposta pola teatro mais fisico e xestual e por unha coidada pasta en escena. Entre o elenco encontramos a Lara Ávarez, actriz da compañia fai 5 anos con dotes musucais destacando a sua voz e unha gran estudante de interpretación na ESAD de Vigo; e a Noa Iriarte, actriz da compañia fai 16 anos destacando a suas actitudes na pantomima e tamen estudante da ESAD de Vigo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad