A alcaldesa de Salvaterra de Miño reuníuse cos portavoces da oposición para informar das medidas adoptadas por parte do Concello con respecto a situación de Alerta Vermella na que se encontra o municipio
Ante a declaración de Alerta Vermella recibida por parte do SERGAS no Concello de Salvaterra de Miño, o grupo de Goberno informou aos grupos da oposición sobre as medidas que se adoptarán para evitar a propagación do virus, así como compartir as diferentes impresións sobre a situación na que nos encontramos
As medidas de obrigada necesidade son as seguintes:
- Peche do Mercadillo Municipal (martes e xoves)
- Peche dos pavillóns
- Peche das aulas de actividades das distintas Casas de Cultura
- Peche do Parque de A Canuda e a zona Polideportiva
- Peche do Museo
Estas medidas entrarán en vigor a partires de mañá xoves 22 de outubro ata novo aviso.
Dende o Concello faise un chamamento a toda a poboación para extremar as medidas distanciamento e actuar coa responsabilidade que require a situación.