Redacción 07/10/2020

Un total de 16 Asociacións son as que retoman os cursos Tempo de Lecer: un programa exitoso no municipio no que se imparten todo tipo de cursos nas diferentes asociacións, veciñais, culturais, xuvenís, de mulleres, entre outros.

 

Serán máis de 200 participantes os que se beneficiaran de este programa cun total de 21 cursos que foran suspendidos o 13 de marzo motivado pola pandemia. Esta semana a Asociación de Palilleiras de Mos retomou os seus cursos de Pastwork e encaixe de Palillos. A Asociación Cultural e Social de Herville o tan necesario curso de Primeiros auxilios, a Asociación Veciñal Santa Baia decántouse polos cursos de Costura e patronaxe, tamen no Pazo de Mos impartiráse cestería e Inglés.
Asociacións como a de Mulleres Rurais elixe nestes tempos un curso ao aire libre de Sendeirismo.

As asociacións veciñais de Guizán e San Rafael retoman así os seus cursos de pitates, e o Grupo de Baile Nosa Terra o de Percusión. Tamén están os atrevidos, capaces de subirse a un esceario e polo tanto decántanse polo curso de teatro, como é o caso da Asociación Veciñal de Celado. Con todas as medidas de seguridade, pouco a pouco, un total de 16 asociacións e de 202 participantes, retoman as actividades, despois de que por parte da Técnica de prevención do Concello de Mos supervisara os locales onde se van a realizar estes curso.

O pasado 29 de setembro tamén se lle impartiu unha xornada de prevención aos monitores que van a estar ao frente das distintas actividades e poder deste xeito, saber como actuar en caso de un posible positivo. Ademais de todas as medidas de prevención que se puxeron en marcha o Concello de Mos, pídelle responsabilidade á veciñanza que participa para que estas actividades sexan o máis seguras posibles.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad