O grupo municipal de esquerda non dubida en respostar aos populares para que “a xente poida coñecer a nosa postura”
Dende o grupo municipal de EU Son do Porriño- Son enComún, vense na obriga de respostar ás publicacións do Partido Popular do municipio, comenzando o seu comunicado “Nós respondemos e responderemos sempre ante a cidadanía do Porriño, no Pleno e nas rúas. Ante quen non temos que xustificarnos é ante o PP porque nin somos goberno nin temos que renderlle contas aos populares. As nosas decisións son tomadas sempre en asembleas ou no Consello Local e as reunións con terceiros sempre as mantemos mínimo dúas persoas do grupo.
Polo referido ao grupo popular porriñés “O aparecido nalgún medio é, ademáis de falto de rigor informativo ao non ter contactado con todas as partes, unha ofensa á honra e unha acusación grave de “chantaxe”. Este ataque ridículo desenmascara a quen o lanza e pensa que somos todos iguais. Ollo de seguir con ese tipo de afirmacións, non nos obriguen a ter que tomar unha vía que non desexamos”.
No que atingue a que se moven por algún interés determinado, Eu Son en Común puntualiza “Se nalgún momento quen representa a este grupo municipal quixese algún sillón ou cargo e ese fose o propósito da nosa acción política, xa teríamos dúas concellerías e en mellores condicións que agora. Só chegaba con negocialas antes da sesión de investidura.
Explican que “A noticia da dimisión da alcaldesa partíu do xefe de gabinete, cando as nosas concelleiras lle transmitiron que calquera negociación importante pasaba por aí. Non é que o noso Grupo Municipal fose a votar a favor no expediente das facturas da 413 que ía a Pleno, senón que valoraríamos cales estaban ben informadas e cales non podíamos aprobar”.
Finalmente dende Eu Son recomendan “O PP debería facer política doutro xeito e cambiar de estratexia comunicativa; quen o asesora ou lle fai as notas de prensa está acabando cunha imaxe que tiña Alejandro de conciliador e moderado, que resulta últimamente moi resesa”.