Redacción 02/10/2020

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural presentou hoxe a campaña de apoio baseada nas historias d@s produtores transformadores do rural

No acto de presentación estiveron 9 alcaldes e 2 concelleiros dos 13 Concellos que forman parte do Grupo de Desenvolvemento Rural (Galicia Suroeste Eurural)

 

 

Está mañá ás 11 horas presentouse no Mercado de Tomiño a campaña de sensibilización “Parte de ti”. Presentou o acto a alcaldesa de Tomiño e presidenta do GDR, Sandra González. Asistiron á presentación, pola  o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias; concelleiro de Redondela, Daniel Boullosa; concelleiro de O Porriño, David Alonso Bargiela; o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; a alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández Callís; alcalde de A Guarda, Antonio Lomba; Alcaldesa de Oia, Cristina Correa; o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado; o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira; o alcalde de Nigrán, Juan González. Pola banda dos productores: E. Xaquín Álvares, produtor de Camelia; Salvador Martínez, produtor de Mirabel e Rosa Álvarez, produtora de rosquillas. 

O Grupo de Desenvolvemento Rural (Galicia Suroeste Eurural) é unha entidade sen ánimo de lucro formada por todo o tecido asociativo que hai nos concellos de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela, Mos, O Porriño, Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia, Baiona, Nigrán e Gondomar,e entre todos encárganse de elaborar unha estratexia de desenvolvemento rural para todo o territorio.

Esta campaña parte do obxectivo do grupo de crear unha marca kilómetro cero para poñer en valor o produto local. Coa aparición do COVID e as súas consecuencias, percatáronse de que tiñan sectores que estaban sufrindo moito e iso levounos a preparar unha campaña de sensibilización que non se centre tanto no feito de mercar no comercio local, xa que este tema xa está a recibir un grande apoio polos concellos, senón que o apoio se dirixe aos produtores e produtoras transformadoras e comercializadoras do rural.

Desta forma nace “Parte de ti” unha campaña que trata de sensibilizar, concienciar e informar basándose nas historias das produtoras e produtores. Cada unha destas historias cóntase en forma de vídeo para achegar a realidade do rural ao espectador. Poderanse visualizar estes vídeos na web http://partedeti.eurural.org e nas redes sociais de Eurural (@eurural_gdr14) . Estas vías servirán tamén para lanzar unha convocatoria aos comerciantes que vendan produto do rural e queiran formar parte do GDR – que poderán lucir o distintivo “Parte de ti” na súa porta o u a través dun banner na súa plataforma de venda online – e aos produtores do rural que queiran unirse.

“A campaña Parte de ti é froito do traballo e a implicación de moitas desas persoas anónimas que temos no rural. Persoas emprendedoras, idealistas, comprometidas, soñadoras, loitadoras… ás que lle queremos por nome, coñecelas e escoitar as súas historias” en palabras de Sandra González. 

Ademáis, a través das redes sociais de Eurural, realizarase varios sorteos de experiencias no noso territorio, para que as persoas gañadoras poidan sentir o rural de primeira man, descubrir os nosos produtos e coñecer aos nosos protagonistas.

Durante a rolda proxectouse o vídeo de presentación da campaña e unha das historias dun dos produtores, José Manuel Fernández, de O Forno de Mosende, que ademáis interviu ofrecendo as súas verbas para poñerlle voz aos produtores e falar da situación do pan do Porriño.

“ Nós traballamos no rural e na cidade. Ás veces escoitas a clientes da cidade dicir como nos lembra este pan ao pan que comiamos no pobo, o que se facía con leña. Que tranquilidade e que vida tiñamos. Moitos deles vivirían no rural se tivesen oportunidade” en palabras de Jose Manuel Fernández.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad