Redacción 01/10/2020

As obras -que teñen un prazo de execución de 1 mes- están cofinanciadas nun 80% pola Xunta e nun 20% pola Deputación

 

 

O Concello de Salvaterra de Miño ven de adxudicar por un importe de máis de 100.000 € a pavimentación de viais no Polígono Industrial Chan da Ponte, en Salvaterra de Miño, cofinanciadas a través de duas subvencións:  unha concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para melloras de parques industriais, e o restante .

Con esta acción o Grupo de Goberno  local quere realizar melloras no seu polígono, que a día de hoxe da traballo a máis de 500 persoas e que necesita unha obra de mellora nos seus viais. Por ese motivo o Concello acolleuse a orde da Xunta para a habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais de Galicia  que financiará a obra por un importe de 80.255,85 €, os outros 20.063,96 € cofináncianse a través do Plan Concellos.

O Polígono Industrial de Chan da Ponte, que se puxo en funcionamento no ano 1999,  conta con 275.000 m2 de superficie e unha superficie neta industrial de 156.111 m2.  Os viais interiores teñen un nivel de deterioro severo, provocado polo intenso tráfico que circula por eles e o paso do tempo.

O proxecto recolle  a pavimentación de varios viais dentro do Polígono Industrial, viais que necesitan unha renovación na rodadura, xa que o firme existente encontrase deformado e nun estado de deterioro considerable. A actuación principal de pavimentación executarase mediante estendido e compactado dunha capa de rodadura de 5 cm de espesor de mestura bituminosa en quente tipo AC16 Surf 50/70D, ademais fresaranse zonas concretas nas que non se pode subir a cota actual do vial, 1.860 m2 de fresado firme, e máis de 8.600 m2 de capa de rodadura.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad