Trátase dun parque infantil con elementos biosaudables subvencionado pola Xunta
É unha obra moi demandada pola directiva do Circulo Cultural Abrente e moi preta ademais do centro de Peinador
O pasado mes de xaneiro do presente ano asinárase no Concello, a cesión por parte da Comunidade de Montes de Torroso á administración local, dun terreo de preto de 300 metros cadrados a fin de ubicar na devandita parcela un parque infantil situado na contorna do Abrente, co que se dará servizo ás familias de Peinador que demandaban este espazo de lecer infantil ao aire libre desde fai anos.
Para a acometida desta nova infraestrutura e espazo de lecer, ao Concello de Mos foille concedida unha subvención da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia para a creación e mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2020.
O proxecto municipal denominado “Parque infantil e biosaludables na contorna do Centro Cultural Abrente. Parroquia de Torroso”, ten un orzamento total de 48.400 € (IVE incluído). Trátase dun proxecto de gran importancia e que dará servizo a un nutrido número de veciños e veciñas do municipio, xa que a zona de Peinador aglutina unha parte importante de poboación e actualmente carece dunha área de xogos infantís suficiente que acolla o gran número de nenos e nenas que hai na contorna e dunha instalación de elementos biosaudables para todas as idades.