Redacción 24/09/2020

Desde hoxe o Campo de Fútbol Municipal Dextros, en Salvaterra de Miño, conta con baños adaptados para persoas con mobilidade reducida

 

 

O Concelleiro de Deportes Edgar Martínez revisou as obras realizadas no campo de fútbol municipal de Dextros xunto ao presidente da Sociedade Deportiva Salvaterra Antonio Gándara. Obras que consistiron básicamente na mellora da acessibilidade en espazos públicos e melloras nos vestiarios e zonas comúns. Desde hoxe o Campo de Fútbol Municipal Dextros conta con baños adaptados para persoas con mobilidade reducida.

 

O equipo de goberno de Salvaterra ten como unha das súas principais funcións a eliminación de barreiras e a integración de todos os seus cidadáns. Nestes últimos meses foron adaptando a accesibilidade dalgúns dos seus edificios, así levaron a cabo a instalación dun  salvaescaleiras da Casa da Cultura de Salvaterra e a adaptación dos baños. Pouco a pouco seguen traballando para facer unha localidade máis funcional para tod@s.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad