Redacción 23/09/2020

Tras un parón de descanso a Sala Rebullón retoma os seus concertos o sábado 3 de outubro ás 21:00 con Kings of The Beach e Karma Animal. Como ata agora seguerán mantendo a seguridade marcada pola Xunta para poder realizar estes concertos seguindo a legalidade e da forma máis segura posible.

 

Karma Animalé un trío vigués de Rock Alternativo formado a principios do 2019 por Brais Quevedo (guitarra -voz), David Rodriguez (Batería -voz) e Lois Sío (voz principal -baixo). A banda conta con un repertorio de temas propios en inglés e castelán, que xa puideron estrear en algunhas das míticas salas galegas, como a Sala Capitol (Santiago de Compostela), A fábrica de chocolate (Vigo) ou A Iguana Club (Vigo). A principios de 2020 a banda publicou os seus primeiros temas, mentres se preparan para novos concertos polo norte da península. O son de Karma Animal caracterízase por ter unha base rítmica potente, con guitarras moi dinámicas e enérxicas, combinado con líneasde voz melódicas e coros moi vivos.

Kings of the Beach nace en Vigo no verán de 2013 e son Adrián Rodríguez (guitarra, voz), Yago Guirado (baixo, voz) e Samuel Otero (batería). A principios de 2015 publican a súa primeira maqueta, “ Badass”, pegando forte na sempre prolífica escena galega. Un ano máis tarde, en febreiro de 2016, publican o seu primeiro EP, “Bat Pussy”, obtendo repercusión nacional e internacional e causando moi boa impresión en medios como Rne3 ou Mondo sonoro, entre outros.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad