Trátase dun galardón que pretende fomentar a creación de textos teatrais entre alumnos de Secundaria e Bacharelato cun premio de 2.000 €
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, presidirá mañá mércores 23 de setembro o acto de entrega do premio literario “Roberto Vidal Bolaño” 2020, que terá lugar a mediodía no salón de plenos do Concello do.
A identidade do autor que resultou gañador desta terceira edición será desvelada mañá, durante unha comparecencia previa na que participarán o director xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro; a mestra do IES Ribeira do Louro, Raquel Castro; e a concelleira de Educación do Concello do Porriño, Lourdes Moure en representación das tres entidades que convocan este galardón.
O premio Roberto Vidal Bolaño pretende fomentar a escritura de textos teatrais en galego, dirixidos ao alumnado de Ensino Secundario e Bacharelato e que poidan ser representados por eles.
O premio consta de 2.000 €, suxeitos ás retencións fiscais correspondentes e que computarán como dereitos de autor. Ademais o escritor galardoado recibirá un diploma acreditativo e a súa obra será publicada por Editorial Galaxia.