Nais e pais do IES do Barral solicitan de carácter urxente reforzar o profesorado e o servizo de limpeza do centro
A escasos días do comezo do curso escolar nais e pais do IES do Barral lamentan que a Xunta incumpra os compromisos publicitados nos medios de comunicación de baixar as ratios dos centros de ensino aumentando o número de Mestres para o presente curso.
A ANPA e representantes das nais e pais no Consello Escolar do centro instan a Consellería de Educación a reforzar de carácter urxente o equipo de docentes do centro, atendendo así as demandas para desenvolver con normalidade o presente curso co perigo da COVID. Pídenlle ao Presidente da Xunta de Galicia que non recorte na educación dos seus fillos, pois consideran que invertir en educación é invertir no futuro e prosperidade da nación.
Solicitan urxentemente aumentar o persoal de limpeza, pois unha das maiores premisas para evitar ou minimizar o perigo de contaxio e propagación é a hixiene e a limpeza, lamentan que dende a Consellería opten por seguir mantendo o número de limpador@s que nos cursos anteriores, dividíndoas en dúas quendas, unha limpadora na quenda da mañá atendendo a limpeza de aseos e zonas común.
Vendo o aumento do número de solicitudes de matrícula, que ano tras ano se multiplica para acceder ao centro, tamén queren por enriba da mesa a necesidade de revisar o mapa escolar e modificalo para un mellor reparto do alumnado entre os centro da zona escolar. Non se pode deixar de obviar que para o presente curso o centro tivo que rexeitar alumnos por exceso de solicitudes derivándoos a outros centros da vila.