Redacción 16/09/2020

Ernesto Iglesias Almeida, cronista oficial de Tui, presenta este xoves dous novos libros

Serán “Historia militar de Tui a través de los siglos” e “Os muíños do concello de Tui”

 

 

Este xoves, 17 de setembro, ás 20 h no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) terá lugar a presentación das últimas publicacións editadas polo investigador tudense Ernesto Iglesias Almeida. Trátase de “Historia militar de Tui a través de los siglos” e “Os muíños do concello de Tui”.

 

Con estas obras o cronista oficial da cidade de Tui continúa ampliando o ámbito das súas achegas ao coñecemento da historia e do patrimonio cultural da localidade, combinando sempre o rigor baseado no amplo coñecemento da documentación e a divulgación para achegar a todos os interesados o coñecemento deste amplo acervo patrimonial.

 

Ernesto Iglesias ten editado máis de vinte libros e innumerables artigos de investigación e xornalísticos nos que aborda diversos aspectos da historia, da arte, da cultura… sempre relacionados con Tui e a súa contorna. Grazas ao seu labor investigador, ligado ao seu traballo no Museo e Arquivo Histórico Diocesano, o coñecemento da historia tudense é moito máis amplo.

 

En recoñecemento a este amplo bagaxe o Concello de Tui acordou, no ano 2004, o seu nomeamento como Cronista Oficial e entregoulle a medalla de ouro da cidade tudense.

 

A presentación destas dúas publicacións estará presidira polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad