Lembramos a apertura do prazo para formalizar a matrícula da Escola Municipal da música do Porriño.
Os días 15, 16, 17 e 18 de setembro, na sede da Escola Municipal de Música (no Centro Cívico), en horario de 16 a 21 horas, pódese formalizar a matrícula e reserva de horarios, segundo a preinscrición realizada no mes de xullo.
As listaxes están expostas nas portas do Centro Cultural e da Escola Municipal de Música. O alumnado inscrito fóra de prazo poderá matricularse a partir do día 22 de setembro de 16 a 18 horas, sempre e cando queden prazas dispoñibles.
A oferta da Escola Municipal de Música do Porriño é a que se indica:
- Música e Movemento os 4 a 7 anos
- Linguaxe Musical do nivel elemental e medio (entre outras materias) dende os 8 en adiante e sen límite de idade.
- Especialidades instrumentais: violín, viola, violonchelo, guitarra, piano, canto, gaita, percusión tradicional, oboe, clarinete, saxofón, frauta traveseira, trompa, trompeta, bombardino, trombón, tuba e percusión sinfónica.
- Agrupacións: Banda, Orquestra, Conxuntos de Música Tradicional e Corais de nenos e adultos.
As clases comezarán no mes de outubro nas novas instalacións da Escola Municipal de Música no Edificio Multiusos de Torneiros.