Redacción 12/09/2020

O Concello e a empresa convocaron onte á prensa a un acto de entrega destas pantallas no Colexio de Petelos.

 

Os estudantes dos cinco centros educativos de infantil e primaria e do instituto do Concello de Mos, e os seus profesores e profesoras, recibirán a doazón de preto de dous milleiros de máscaras protectoras. DEMSU, empresa situada no municipio e dedicada ao deseño e fabricación de moldes de inxección, principalmente para o sector da automoción, realiza a doazón grazas a un acordo co Concello. 

 

Segundo informa o concello, as máscaras fabricadas por DEMSU cumpren todas as condicións sanitarias e de calidade, garantidas pola normativa europea UNE 166:2002. Fabrícanse en varias cores para facilitar os grupos burbulla ou de traballo, e dispoñen de versións para adultos e nenos. As pantallas protectoras destacan ademais polo seu alto nivel de comodidade, xa que o peso resulta mínimo e o agarre á cabeza é dobre. Ademais, é lavable con auga e xabón. A pantalla protectora ademais da parte frontal da cara, chega ata os oídos, o que garante a máxima protección. A distancia de separación da cara e as súas diademas axustables tamén lle confiren unha alta operatividade.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad