Redacción 06/09/2020

O ente provincial aprobou novas partidas para ambos municipios, que axudarán ao aforro e eficiencia enerxética (92.731,28 €) na Cañiza,  e para a contratación de persoal (216.221,33 €) en Mos

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde a recursos enmarcados no Plan Concellos 2020 por un valor de preto de 310.000 €. En concreto, as achegas irán destinadas ás vilas da Cañiza e Mos.

Para A Cañiza aprobáronse 92.731,28 €, con cargo á liña 1 de Investimentos do Plan Concellos, que terán como obxecto o aforro e eficiencia enerxética no alumeado público na parroquia de Valeixe. Para Mos aprobouse unha modificación de achegas da liña 3 de emprego por valor de 216.221,33 €, cos que o concello financia a contratación de 20 persoas.

Cos investimentos aprobados este venres o goberno de Carmela Silva leva destinados ata o momento 29,5 millóns de euros ao Plan Concellos 2020. Deles 18,2 millóns foron a parar á liña 1, concedéronse 2,7 millóns con cargo á liña 2 e aprobáronse 8,6 millóns para a liña 3.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad