O gañador desta edición 2020 foi Xabier Berasategi do Laboral Kutxa
O novo equipo ciclista porriñés de categoría elite e sub-23, masculino e feminino, “Louriña CyclingTeam” participou, dende o pasado xoves, na Vuelta a Cantabria 2020. Foi a primeira volta por etapas na que participaba esta nova formación porriñesa ,que ten como patrocinador principal ao Concello do Porriño, despois da súa estrea oficial nos Campionatos de España de Fondo e Contrareloxo, celebrados hai unhas semáns en Jaén.
O concelleiro de Deportes, David Alonso, explicou que “o obxectivo que perseguimos copatrocino a este novo equipo, é dar unha solución de futuro aosnovos valores que xorden das categorías inferiores para que poidan ter unha continuidade nas categorías sub-23 e Élite”. O concelleiro precisou que “se pretende reter no Porriño a eses novos valores que ata de agora emigraban a outros equipos da contorna”.
O xoves, na primeira etapa da Volta a Cantabria -Maliaño- o corredor do equipo porriñés, Gustavo Rodríguez -Campión de España de triatlón de longa distancia- entrou no grupo cabeceiro a un minuto do gañador, Kevin Suárez. E Roberto Mediero, o líder do “Louriña CyclingTeam” -actual Campión Galego Élite- quedou descolgado por culpa dun pinchazo.
Na segunda etapa -Colindres- disputada o venres, o vencedor da xeral e do día foi Alberto Serrano Álvarez, do Caja Rural.
Deixamos a ligazón a través de Youtube https://youtu.be/wuKCgnidA1M da 3º e última Etapa -Los Corrales- da Vuelta a Cantabria 2020, na que se proclamou campión da xeral, Xabier Berasategi do Laboral Kutxa.