Redacción 05/09/2020

Por un curso 2020/21 seguro para toda a comunidade educativa acude o vindeiro mércores 9 ás 20.30 h á praza do Concello

 

O Grupo Municipal EU Son do Porriño convoca a un acto para reclamar á Xunta de Galicia o inicio e desenvolvemento dun curso escolar 2020-21 seguro para toda a comunidade educativa e incluíndo tamén ás escolas infantís de 0 a 3 anos. A concentración, contará tamén coa presenza da Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, Eva Solla Fernández.

Debe garantirse a saúde do alumnado e as súas familias, do profesorado e do persoal de administración e servizos.

Convidamos a  todas as familias e a toda a veciñanza e ao resto dos grupos da Corporación Municipal, xa que isto aféctanos a todas e todos, a participar na concentración que se celebrará na Praza Arquitecto Palacios (Concello) o vindeiro mércores 9 de setembro, ás 20.30 h.

Por unhas escolas e institutos seguros:

  • Máis profesorado.
  • Menos alumnado por aula.
  • Máis espazo.
  • Máis limpeza.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad