Redacción 04/09/2020

C21 congratúlase pola recente posta en valor do conxunto de gravados rupestres situados en Randufe pero solicita a execución do Plan REC – TUI

 

 

O Concelleiro do partido liberal, José Palacín, expresa que a prospección e a recuperación dos petroglifos de Randufe foi un proxecto encargado polo seu goberno no mandato anterior en colaboración ca Comunidade de Montes de Randufe e financiado coas axudas para a Rehabilitación e Sinalización do Patrimonio Histórico-Cultural da Deputación de Pontevedra, correspondentes ao ano 2019.

 

Con este proxecto perséguese a conservación do patrimonio e do seu entorno, así como a difusión e valorización do mesmo por parte da sociedade, e neste senso, C21 solicita ao actual goberno que execute o proxecto financiado co Plan Concellos da Deputación, correspondente ao ano 2018, REC-TUI, e que consiste na reactivación patrimonial dos elementos históricos existentes no Concello.

 

Trátase dun proxecto vangardista en Galicia, que ten como obxectivo o patrimonio na súa dimensión máis material, onde sexa contemplado como un “recurso vivo”, capaz de contribuír ao desenvolvemento económico e social atopándolle funcións contemporáneas e baseándose nun método de actuación que parta do debuxo dunha cartografía histórica xeorreferenciada, que se visualice nunha web interactiva, que este aberta a divulgación na educación e con xornadas de expertos, e incluso ser obxecto de unidades didácticas. Todo iso o contempla o Plan REC.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad