Este venres 4 comeza o prazo de presentación de solicitudes para opositar por 3 prazas de interinos no Concello do Porriño
Hoxe venres 4 de setembro, os interesados en participar na convocatoria para cubrir, en réxime de interinidade, tres prazas vacantes de auxiliar administrativo no Concello, poderán comezar a presentar as súas solicitudes.
Hoxe, xoves 3, publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 179) o correspondente anuncio oficial do Concello do Porriño.
Previamente, con data 20 de xullo, publicaronse no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO), ás bases reguladoras do proceso selectivo, polo sistema de oposición libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde a data seguinte á da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, polo tanto, a contar desde mañá venres 4 de setembro.
A Concellería de Persoal quere aclarar que as persoas interesadas en participar no proceso selectivo, xa poden presentar as súas solicitudes ante o concello desde o venres 4, ben sexa por sede electrónica ou ben, de xeito presencial.
Para as persoas que acudan presencialmente a realizar o trámite ante o rexistro xeral do Concello, non será necesario solicitar cita previa.