Redacción 04/09/2020

O Porriño, por 3 mes consecutivo medra en emprego fronte á tendencia na área metropolitana. 186 persoas saíron das lista do SEPE neste Concello 

David Alonso, concelleiro de Emprego salientou hoxe nunha declaración oficial, que “O Porriño ven de acreditar en agosto, por terceiro mes consecutivo, un descenso do número de parados rexistrados o que confirma a boa labor de todo o tecido empresarial e industrial do noso  concello que é quen de superar o difícil escenario económico actual”.

Segundo os datos difundidos polo SEPE, O Porriño rexistrou un descenso do 1,5% o que se traduce que 27 desempregados acadaron traballo no mes de agosto. En xullo, foran 81 as persoas que sairon do paro rexistrado no Porriño e no mes de xuño, 78. É dicir, nos últimos tres meses houbo 186 altas de contratación no Porriño, segundo os rexisttros do SEPE. 

“Coido que O Porriño marca tendencia na área metropolitana de Vigo tanto en xeración de emprego coma en formación e inserción laboral”, manifestou o edil Alonso Bargiela que considera que estes resultados “evidencian o bo traballo que se está a realizar desde Porremprego”.

Precisamente mañá, unha delegación do Concello do Porriño encabezada pola alcaldesa Eva García e o concelleiro de Emprego, visitará á empresa “Staroil Porriño”, logo de conluir varios cursos de formación con prácticas, no marco do programa “Porriño Accede”. O obxectivo desta colaboración foi proporcionar a persoas en desemprego unha oportunidade laboral por medio da formación. “Staroil Porriño” participou no deseño da formación e na acollida de alumnos en prácticas, ofrecendo continuidade laboral a catro deles.

“A empresa manifestounos que hai interese en dar continuidade a esta colaboración. No que leva de ano, a Concellería de Emprego e Formación organizou xunto con estes cursos, formación con prácticas en loxística e carretillas elevadoras, ademáis de realizar talleres para a adquisición de técnicas para a busca de emprego, obradoiros de entrevista e formación en intelixencia emocional”, engadiu o concelleiro de Emprego.

Tamén hoxe venres terá lugar, a partir das 14 horas, no Multiusos de Torneiros, a entrega de diplomas, en colaboración coa Fundación Laboral da Construcción, unha vez clausurado o curso básico de Prevención de Riscos Laborais de 60 horas de duración máis o curso específico de oficio de 6 horas para postos de albañilería. Un total de dezaseis participantes culminaron con éxito estes cursos.

A Alcaldesa Eva García e o concelleiro David Alonso asistirán á entrega de diplomas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad