Redacción 31/08/2020

A programación cultural de setembro arrinca co Festival de Cans e a exposición “Fora de Escena” 

A programación cultural do mes de setembro no Concello do Porriño arrinca coa exposición “Fuera de Escena” e a celebración da XVII edición do Festival de Cans.

Este martes 1, ás 20 horas, terá lugar a inauguración de “Fuera de escena”, coa presencia da alcaldesa, Eva García de la Torre e da concelleira de Cultura, Camila Moreira. Haberá unha visita guiada e ademais, a actuación da cantante porriñesa Noemí Fernández.

Trátase dunha mostra que é obra do escritor Ruben Marina e do fotógrafo Sebastián Cocucci, “á procura dunha expresión: a que debuxaría o teu rostro se vises a morte de fronte”, segundo a explicación dos autores.

Dezaseis actores e actrices tan coñecidos como Luis Tosar, Yolanda Ramos, Mabel del Pozo, Fernando Tejero ou Malena Alterio, entre outros, puxeron ese rostro.

Esta exposición está vinculada coa celebración do Festival de Cans que a inclúe na súa programación como preludio da 17ª edición do certame.

A partir do mércores 2 e ata o sábado 5, Cans acollerá as proxeccións, charlas, clases maxistrais, actuacións musicais e homenaxes como a que se lle pagará ao cineasta Chano Piñeiro, coincidindo cos 25 anos do seu falecemento.

Toda a programación vaise realizar baixo estritos protocolos de seguridade, cunha especial protección aos maiores da parroquia, mediante reducións de aforo nos “jalpóns”, limitacións no uso dos “chimpíns” e supresión de festas no Torreiro. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad