Coa vista no ano Xacobeo 2021, o Concello levará a cabo unha actuación de mellora paisaxística e correxirá importanes eivas na seguridade do tramo do Camiño de Santiago ao seu paso por Ameirolongo, na parroquia de de Sanguiñeda, grazas a unha axuda concedida pola Consellería de Cultura e Turismo. Os veciños levaban anos reclamando estas actuacións.
Esta actuación era moi demandada pola Mesa do Camiño de Mos e os veciños da zona, pola perigosidade de algúns elementos do tramo. Crearase unha zona axardinada á saída do túnel de ameirolongo, o cal se atopa baixo un carril de saída da autovía en dirección a Redondela, delimitando as zonas verdes e a prantación a cada un dos lados do camiño.
Ademais procederase ao pintado dunha senda peonil no asfalto de 1,25 m de ancho, en cor verde e delimitado por dúas franxas brancas a cada lado. Tamén se procederá ao pintado de sinais de velocidade e peons. A lonxitude total da senda será de 290,50 m., en dous tramos, xa que o concello xa executou e sinalizou o tramo onde o risco de accidentes é maior.
Na fonte de Ameirolongo, substituiranse os bancos de pedra e plantarase un sebe de photonias na zona posterior da fonte. A continuación procederase a realización e colocación de salvacunetas nunha zona perigosa para os peóns na que poden caer a unha profundidade de 50 cm. Disporanse lousas de formigón no oco existente e asfaltarse a zona que presenta vexetación para evitar que nazan malas herbas e así obter mais ancho para os peóns. Como remate procederase ao pintado e sinalizado da senda ata a confluencia coa estrada N-550. Levarase a cabo ademáis a retirada da vexetación, terras e lixo procedente de vertidos dos colectores de lixo.
Alén destas obras, os veciños consideran esencial que sexan emendados os sumidoiros da zona para unha correcta recollida das augas. Tamén piden a instalación de semáforos de precaución para maior seguridade dos viandantes.