O Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos prepara a 15 alumnos para obter a acreditación oficial do certificado de profesionalidade en limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais.
Dado que o sector da limpeza está a ver incrementada exponencialmente a demanda de traballadores cualificados con motivo da actual crise sanitaria da COVID-19, na que os labores de limpeza e desinfeccións son fundamentais e intensifícanse, multiplicándose en número e frecuencia, o Concello de Mos ven de poñer en marcha a través do seu V Programa Integrado de Emprego o curso para obter a acreditación oficial do certificado de profesionalidade en limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais.
O contido formativo do curso que está a ser impartido actualmente inclúe materias de: limpeza, tratamento e mantenemento de chans, paredes e teitos en edificios e locais, limpeza de mobiliario interior, limpeza de cristais en edifcios e locais e técnicas e procedementos de limpeza con utilización de maquinaria.
A acción formativa inclúe tamén un módulo de prácticas profesionais non laborais no centro homologado de EDUCATIC. Estanse a beneficiar deste curso un total de 15 alumnos e alumnas pertencentes ao V Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos, entre os cales hai 14 mulleres e un home con idades comprendidas entre 40 os e os 60 anos. O curso comezou o pasado 10 de agosto e prolongarase ata o 17 de outubro sumando un total de 230 horas, das cales 150 son teóricas e 80 horas de práctica en empresas.