A Alcaldía inicia expediente de recusación do Concelleiro Abel Estévez ao incorrer en causa de abstención no último pleno da corporación
Eva García, alcaldesa de O Porriño iniciou expediente de recusación contra Abel Estévez Carrera, concelleiro do Partido Popular, ao incorrer en causa de abstención, no pleno municipal celebrado o pasado 7 de agosto. O expediente comunicouse xa ao interesado.
Tal e como a propia alcaldesa avisou ao devandito concelleiro, no debate do punto 1 da orde do día desa sesión, Abel Estévez incorrería en causa de abstención. O motivo era que o crédito extraordinario e recoñecemento extraxudicial que se debatía implicaba a unha factura emitida pola Real Federación Española de Balonmán, correspondente a organización da tempada 2018/2019.
No relato de feitos do escrito de recusación instruído pola Alcaldía, explicase que Abel Estévez é presidente do club así como adestrador. Por esa segunda actividade obtén unha retribución, segundo a documentación aportada ao Concello, entre as que figuran as nóminas do señor Estévez. Asimesmo aportase a efectos probatorios da recusación, documentación de que Abel Estévez traballou para a Real Federación Española de Balonmán coma adestrador da Selección Absoluta Feminina B. E tamén basease a recusación no feito de que a RFEBM impón un réxime de obrigas económicas a satisfacer polos clubs participantes nas súas competicións oficiais que no caso de non aboar supoñen a perda da categoría
Segundo explicou a alcaldesa “Abel Estévez ten o deber previo de absterse do debate e votación porque incorre nunha das causas de incompatibilidade descritas na Lei de Bases de Réxime Local, pois a súa presenza é determinante para a adopción dun acordo, con independencia do sentido final do seu voto”.
O escrito de recusación conclue ordeando que se declare nulo o acordo do punto 1 do pleno municipal do pasado 7 de agosto; que se ten por iniciado expediente de recusación contra o concelleiro Abel Estévez ao que se lle concede o prazo de alegacións por escrito que lle corresponde.