Dinamización do pequeno comercio e de proximidade. Vindeira moción que Eu Son-son en Común eleva ao pleno do Concello do Porriño.
Tratase dunha moción para a dinamización do pequeno comercio e de proximidade mediante unha campaña promocional de cheques regalo.
A finais do mes de abril o Grupo Municipal presentou medidas de carácter municipal coa consideración de urxentes polo senso de protección social e estímulo económico ante a crise do covid-19.
Foron nove medidas, a sexta desenrolaba o urxencia para o deseño dun Programa de Dinamización do Pequeno Comercio e de Proximidade que comezará a aplicarse de forma inmediata trala finalización da actual crise do coronavirus.
Propuñan nese programa actuacións como campañas promocionais, celebración de feiras gastronómicas, actividades artísticas e culturais, relatorios, xornadas e outras para a dinamización do sector de forma inmediata á finalización da crise.” Estas axudas directas teñen como fin compensar, na medida do posible, perdas e gastos causadas polo peche de actividade e por gastos extraordinarios provocados pola crise sanitaria. O seu obxectivo non é a dinamización do consumo.
Eu Son-son en Común pretende chegar o acordo no pleno para que dende a Concellería de Comercio, se impulse o comercio local e de proximidade mediante unha campaña promocional de sorteo de cheques regalo.
Nesta campaña, financiada polo Concello, participará todo establecemento comercial do Porriño que o desexe, obsequiando á clientela con boletos por compras realizadas no mesmo. Estes boletos darán dereito a participar no sorteo de cheques regalo en número e por un importe a determinar, segundo a dispoñibilidade de fondos, para gasto nos comercios participantes na campaña.
Pretende tamén para a difusión da campaña se dea o máximo apoio dende o Concello: redes sociais, medios de comunicación, cartaces na rúa e nos propios establecementos, etc.