Os liberais felicitan os veciños de Caldelas polo compromiso co seu patrimonio etnográfico e lamentan co Sr. Cabaleiro considere “impecables” as actuacións administrativas
O voceiro de C21 considera tráxico polo resultado final e esperpéntico polo proceso de execución o acaecido co acueduto de Caldelas, derrubado nunha actuación da Confederación Hidrográfica.
Palacín afirma que: “Neste caso, a burocracia aséptica das administracións públicas conduciu ao derrube dun patrimonio etnográfico que si se salva será grazas a sensibilización veciñal”.
Dende C21 tamén se sorprenden de que o Sr. Alcalde de Tui considere, (segundo as súas declaracións), como “impecable” este procedemento administrativo, partindo da base de que no momento da desfeita o Goberno Local pensaba co Pontillón se atopaba na demarcación de Tui e faltou vontade política para evitar a súa destrución. Palacín considera co proceso de desmontaxe, se houbese sido imprescindible para o proxecto acuícola, no debía ter sido traumático, senón arqueolóxico, cunha catalogación rigorosa e non acabar deste modo.
C21 avoga por un acordo co concello veciño de Salvaterra, onde se atopaba oficialmente o acueduto, para co Pontillón se recupere, e cos veciños de Caldelas podan desfrutalo debido ao vínculo emocional existente e máis se as arcas tudenses sufragan a reconstrución tal como prometeu o Sr. Cabaleiro.