
O vindeiro venres 21 de agosto desde a organización xuvenil Isca organizan unha xornada de convivio, formación e debate arredor da cuestión LGBT.
A xornada celebrarase no Centro Cultural Municipal do Porriño e constará de diferentes actividades
O debate dun texto escrito por compañeiras LGBT da organización para guiar un debate que procura esclarecer algunhas das cuestións máis soadas ultimamente: que é o sexo e o xénero, que papel ten a sexualidade na loita política, que significa LGBT, que é o binarismo, como se relaciona esta cuestión co feminismo, etc. Pretendemos coñecer mellor a loita de liberación sexual e de xénero para lograr articular máis adecuadamente a loita das traballadoras contra toda opresión.
A presentación do libro Nós, as inadaptadas, contando co seu editor Daniel Amarelo e con outras colaboradoras como Afonso Becerra, Antón Lopo, Daniela Ferrández e o colectivo Avante LGBT+.
Unha mesa redonda para coñecer o traballo, debates e propostas dos colectivos LGBT que loitan cada día no país. Contaremos con Avante LGBT+, Nós Mesmas e a Marcha Mundial das Mulleres.
Tanto o xantar como o transporte procurará organizarse mancomunadamente. A actividade é de balde, mais será necesaria inscrición previa para asegurar o aforo. As medidas adaptadas á situación de pandemia estarán aseguradas e pedimos que as asistentes veñan con máscara.
Achegamos o cartaz da xornada e diferentes ligazóns ás nosas redes sociais, onde anunciamos o evento. A información será ampliada nas mesmas.
– Páxina web: https://iscagz.org/jornada-de-formacom-e-debate-lgbt/
-Twitter:https://twitter.com/iscagz/status/1291686423112945664?s=19
-Instagram:https://www.instagram.com/p/CDlchESibMU/?igshid=1qbvsu2ndzq1b
-TikTok: https://vm.tiktok.com/Jj7ccUR/
– Facebook: https://www.facebook.com/1547483092197282/posts/2769270503351862/