Redacción 16/08/2020

José Palacín, Concelleiro de C21, solicita a mellora da circulación na Rúa Calzada

 

 

O Concelleiro de C21 ven de solicitar por rexistro de entrada que o Goberno Local tome unha decisión sobre o tráfico na Rúa Calzada, sobre todo agora que se iniciará o curso escolar, habida conta dos atascos que se producen ao longo do traxecto da rúa en xeral, e máis na hora punta da entrada e da saída do Colexio Nº 1 ou dos pavillóns polideportivos.

 

O seu voceiro, José Palacín, di non entender co Goberno fixera tantas intervencións restritivas no centro, deteriorando os fluxos de tráfico e xerando atrancos, o cal afecta a calidade de vida, a imaxe e a economía de Tui de xeito negativo, pero que non buscara solución para un tramo no que si existían problemas circulatorios como é o da Rúa Calzada.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad