O grupo municipal do PP presenta unha enmenda a totalidade do dictamen do expediente 3/2020 por falta de informes xurídicos
O grupo municipal de Eu Son representado por Blanca Francés manifesta a súa inasistencia os plenos, renuncia o seu cobro, e solicita a dimisión da Alcaldesa por incumprimento de pacto de investidura, e pide reflexión o grupo socialista
“A irresponsabilidade de EU SON e a estratexia marrulleira do PP, pretenden levar a unha situación de bloqueo ao Concello do Porriño” manifestou a alcaldesa Eva García, despois do acontecido no último pleno corporativo.
A alcaldesa realizou hoxe unha ampla valoración dos feitos, calificando a decisión da concelleira Blanca Francés, de EU SON, de abandoar o pleno nada máis comezar a sesión, coma “un incumprimento grave das súas obrigas de representación dos electores porriñeses que confiaron en eles”. A negativa de EU SON a participar en plenos ou comisións é, a xuizo da alcaldesa, o que “propicia outorgar ao PP a capacidade de estrangular como fixo, calquera posibilidade de decidir xa sexa o pago de facturas ou a venda dunha parcela municipal”. Eva García non fai valoración do asinado no pacto de investidura co grupo de Eu Son.
Para Eva García, o pleno do venres deixou “meridiamente claro que o PP non quere pagar aos proveedores, por moito que leven anos dicindo o contrario e ás probas me remito”. “A súa única finalidade é entorpecer a xestión deste goberno municipal co propósito último de conducir ao Concello a unha situación de bloqueo total”, valorou Eva García.
Sobre o ponto da aprobación do crédito extraordinario 3/2020 de 3.061.671,94 €, para pagar co remanente líquido de Tesoureiria, e o importe da conta 413 de 1.526.491,98 €, o portavoceiro do PP, Alejandro Lorenzo, dixo en pleno “Que non é certo ca documentación do expediente esté completo, hai facturas rechazadas ou duplicadas, documentación que non é publica; na conta 413 hai facturas rexistradas do 2017 e 2018 con parte de traballo, e o servicio realizado, rechazaronse por falta de contrato, feitas de xeito oral sen procedemento e reflexado no expediente; falta un informe do secretario e da Intervención do Concello, sobre as irregularidades do expediente, presentando unha enmenda á totalidade do dictamen do expediente 3/2020 por xestión para revisión de oficio e apertura de procedemento de revisión de oficio, e incoación de oficio as persoas que autorizaron a facturación”.
A revisión de oficio e a presentación da enmenda a totalidade do PP afecta a 150 facturas informouse no Pleno de presentar unha enmenda parcial, non total. Dende o BNG, Pedro Pereira “propón que se retiren esas facturas do expediente 3/2020 e se faga o recoñecemento de crédito sobre o resto das facturas, e que se faga o pago”
A alcaldesa detívose no caso do concelleiro do PP e presidente do Balonmán Porriño, Abel Estévez. Considerou Eva García que o edil do Partido Popular “incurriu nunha incompatibilidade pese ás miñas reiteradas advertencias”, ao estar presente na votación do primeiro asunto da orde do día xa que incluía unha factura da R.F.G.B. ao Balomán Porriño entre as que terían que pagarse co crédito extraordinario 3/2020.
“Tiña un deber de abstención nesa votación que non quixo cumprir pese a ser parte interesada” indicou a alcaldesa, que reiterou que levará o caso aos Tribunais.
O Concelleiro do PP, Abel Estévez, defendeu o seu voto “ A factura á que sé refire é da Real Federación Galega de Balonmán cun C.I.F. ben definido, non teño ningunha relación laboral coa Real Federación Galega de Balonmán, co que non existe esa incompatibilide”.
O artículo 76 da Lei de reximen local 7/1985 do 2 de abril, expecifica cos membros das Corporacións locais deberán absterse de participar na deliberación, votación, decisión e execución de todo asunto cando concorra algunha das causas a que se refire a lexislación de procedemento administrativo e contratos das Administracións Públicas. A actuación dos membros en que concorran tales motivos implicará, cando fose determinante, a invalidez dos actos en que interviñesen.
No punto 3 da orden do día onde se trata o expediente de contratación para adxudicación da venda dunha parcela de 5.110 m2 en SUR PPI6 sector 3, a alcaldesa, criticou que “a actitude do PP de supeditar a venda dunha parcela municipal en función de quen sexa o comprador, esconde un interés, que finalmente volveu obstruir a aprobación que reportaría un importante ingreso ás arcas do Concello”.

