Redacción 10/08/2020

O chef galego Iván Méndez proporá novos xeitos de empregar os produtos locais para a elaboración de pratos creativos, innovadores  e novidosos

 

As cociñas do Centro Multiusos de Torneiros, dependentes do Concello do Porriño, acollerán a finais do presente mes, un curso de cociña creativa que impartirá o chef galego Iván Méndez, orientado a persoas cunha actividad laboral ligada ao sector hostaleiro.

Esta actividade forma parte dos itinerarios formativos “Coas mans na masa” que propón a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural e que, despois dos meses de forzosa paralización polo estado de alarma, retoma a súa programación.

O curso será de balde e poderán asistir como máximo 15 participantes. En canto ao contido do mesmo, o chef galego Iván Méndez proporá novos xeitos de empregar os produtos locais para a elaboración de pratos creativos, innovadores  e novidosos.

Iván Méndez é un experto en cociña creativa, de recoñecida reputación, gran capacidade de comunicación e ampla experiencia na celebración de eventos de cociña, gastronomía e turismo, ademais de ser o “chef de cabeceira” no programa de Eu Rural “Un Chef no Rural”.

“Eu Rural” conta coa colaboración do Concello que facilitará as instalacións de cociña no Multiusos de Torneiros para o curso que terá lugar os días 31 de agosto, 1 e 2 de setembro, en horario de tarde.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do formulario habilitado para este curso na  páxina web de Eurural.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad