Tres deportistas do Porriño recoñecidos polo Concello, galardoados onte na gran gala do Deporte da área de Vigo
Jorge Punzón, Carla Guisande e Yago Martínez foron os tres deportistas porriñeses galardoados onte na XXIª Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca celebrada nos xardíns do Pazo de Castrelos.
David Alonso, concelleiro de Deportes asistiu en representación do Concello do Porriño. Dos tres, tan só Jorge Punzón estivo presente para recibir a metopa como mellor ciclista, en categoría absoluta, da área de Vigo no ano 2019.
David Alonso lembrou que o Concello recoñeceu o ano pasado a traxectoria de Jorge Punzón encomendadolle o pregón das Festas do Cristo, “papeleta que resolveu de xeito brillante”.
Por outra banda, o concelleiro de Deportes tamén recordou que os outros dous galardoados en categoría promesas, a triatleta Carla Guisande e o piloto de motocross Yago Martínez, ambos sub-23, tiveron contrato de patrocinio do Concello durante a pasada tempada.
O concelleiro reivindicou “os premios a estes tres xóvenes, acreditan a forza da nosa mocedade e revalidan o alcume de Porriño, O Concello do Deporte”, manifestou David Alonso.