Está aberto xa o prazo de inscrición para os dous primeiros obradoiros
Está aberto o prazo de inscrición para os dous primeiros obradoiros que se van impartir dentro do Programa Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade “Muller Tui”.
Serán un total de nove accións formativas a celebrar neste mes de agosto e o de setembro orientados a mellorar a autoestima e a autoconfianza das mulleres e a dotalas dos recursos necesarios para mellorar a súa participación social e laboral:
A primeira das actividades terá lugar o próximo martes, 11 de agosto, de 10 a 12 h co título de “Obradoiro de autocoñecemento”. Correrá a cargo da psicóloga experta en igualdade Mónica Novás. As prazas son limitadas polo é preciso inscrición previa no correo muller@tui.gal e nos teléfonos 664 552 493 e 687 227 190.
Xa o venres 14 impartirase o taller “Autocoidado e Empoderamento”.
As mulleres interesadas poden inscribirse nestes obradoiros no correo muller@tui.gal e nos teléfonos 664 552 493 e 687 227 190.
O calendario previsto de obradoiros é o seguinte:
Martes, 11 de agosto, de 10 a 12 h Obradoiro de autocoñecemento
Venres, 14 de agosto, de 10 a 12 h Autocoidado e Empoderamento
Venres, 21 de agosto, de 10 a 12 h Sexualidade
Venres, 4 de setembro, de 10 a 12 Obradoiro “A actitude Multiplica”
Venres, 11 de setembro, de 10 12 h Dereitos e recursos que asisten ás vítimas de Violencia de Xénero
Venres, 18 de setembro, de 10 a 13 h Obradoiro Ideas de Negocio. Emprendemento
Martes, 22 de setembro de 10 a 12 Mercado laboral oportunidade de emprego
Xoves, 24 de setembro de 10 a 13 h Novas tecnoloxías na procura de emprego
Venres 25 e martes 29 de setembro de 9 a 14 h Módulo de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres
Cómpre lembrar que o programa “Muller Tui” está dirixido a mulleres tanto vítimas de violencia de xénero como a todas aquelas que se atopen en situación de vulnerabilidade: mulleres desempregadas, con baixa cualificación, con discapacidade, menores de 30 anos ou maiores de 45 anos, migrantes, con responsabilidades familiares non compartidas, etc. e que precisen unha atención e asesoramento especializado.