Redacción 05/08/2020

A pesar de que o terreo onde pernoctaban é de propiedade privada e os sinais indican prohibido estacionar na vía, os camioneiros recibiron sancións de 200 €

 

 

Dende fai unhas semáns, diversos transportistas que estacionan e pernoctan no espacio existente fronte ao Restaurante O Castro e no Guanabara (este último actualmente pechado), na entrada ao Porriño pola N-120, estanse a ver asediados polas contínuas sancións que os axentes da Policía Local do Porriño lles están a formular.

Na madrugada do 3 ao 4, tramitáronse un total de 25 denuncias calificadas como “sanción grave” de 200 € de cuantía (100 € bonificada), nas que reza “No obedecer una señal de prohibición o restricción. Señal R308”.

A definición da R-308: Estacionamiento prohibido. Prohibición de estacionamento no lado da calzada en que esté situado o sinal. Salvo indicación do contrario, a prohibición comeza na vertical do sinal e termina na interseción máis próxima. Non prohíbe a parada (máximo 2 min).

Deste xeito, según as normas e sinais reguladoras de circulación da Dirección General de Tráfico, os sinais afectan á vía, nunca aos recintos privados a que se accede dende a mesma.

As normas de circulación rixen, se fose este o caso, que  nos “recintos privados de uso por unha colectividad indeterminada”, aínda que a Administración non pode gobernar o uso dun recinto privado sempre que non sexa incompatible cos intereses xerais. É unha inxerencia completamente ilegal, a prohibición de uso de ese recinto como estacionamiento privado. Pois os que utilizan ese espacio de estacionamento, son consumidores dos locais hostaleiros, que nos tempos que nos acadan, no caso do Castro, non poden permitirse perder clientela, e con ese fin mercaron os hosteleiros fai anos o terreo no que fan parada os transportistas.

O sinal público non afecta ao privado, pois se o dono do terreo consinte ese estacionamento ou pernocta, como é o caso, nada ten que obxectar este sinal que pola súa situación, indica a prohibición de estacionamento de todo vehículo na vía pública.

O concelleiro de Tráfico, Sergio Casal, di que ordeou o cumprimento da ordenanza vixente dende o 2012 en canto a prohibición da circulación do tráfico pesado polo casco urbano, dadas as queixas de residentes na zona e das molestias que lles xeneran os camioneiros, pero engade que él non é quen sanciona.

Son numerosas as queixas que se escoitan últimamente no Porriño en referencia á Policía Local, pois parece que se goberne dende a súa Xefatura, xa que o seu máximo responsable tamén fai as veces de Secretario Municipal ou incluso de Interventor Municipal, cos correspondentes pluses económicos; amáis da escandalosa productividade que só algúns privilexiados da plantilla parecen percibir, existindo unha brecha salarial importante entre axentes.

Por outra banda, con tantos vehículos municipais, tampouco  parece nada raro que algúns axentes dispoñan dun de forma particular, namentres outros axentes teñen que patrullar a pé polas rúas.

Se a isto lle sumamos unha licitación de 120.000 € para a adxudicación da subministración sucesiva de vestiario e outro material para a policía local e outro persoal municipal (3 lotes) do Porriño -publicados en Contratos de Galicia–  entre as que se inclúen cámara persoal de grabación, escudo balístico, repostos para pistolas Táser… fainos pensar que temos unha das Xefaturas Locais mellor materializadas da provincia a lo menos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad